Pages

Amosando publicacións coa etiqueta Filosofia1ºBAC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Filosofia1ºBAC. Amosar todas as publicacións

Lexitimidade do poder político

Unha vez que o poder político do gobernante medra existe a necesidade de lexitimar o seu poder, é dicir, teñen que xustificar por qué están alí eles e non outros.
Ao longo da Historia atopamos varios xeitos de xustificar o poder político. Nos estudaremos algúns deles.
Teocrático
Teo significa Deus. Xustificar o poder político dendo un punto de vista teocrático é xutificar o poder basándose en que era o desexo de Deus.
Por exemplo, nas moedas da peseta da época franquista, había un texto escrito.
Resultado de imagen de moneda franquista
Cómo vemos pone "Francisco Franco Caudillo (=líder, guía) de España por la Gracia de Dios" Non dí "Dictador de España porque dín un golpe de Estado" nin "Tirano de España por a Forza Imposta Antidemocraticamente"
Dende o principio dos tempos os líderes que gozaban de certo poder sentían a obriga de xustificar o seu poder, e xustificalo basándose nos deuses foi o recurso máis utilzado. Os exipcios, as dinastías chinas, e moitas noutras culturas dicían que os gobernantes descendían directamente dos deuses.

Contrato Social
As teorías do contrato social, tamén designadas contractualistas, defenden que o gobernate chega ata o poder tras un contrato social. Nas teorías do contrato social considérase que hai un pacto interno entre os membros dunha sociedade que está de acordo por vontade propia coa existencia dunha autoridade, dunhas normas morais e de unhas leis ás que se someten. O contrato social/pacto social é unha hipótesis que explica a autoridade política e a orde social.

Anarquismo
O anarquismo non xustifica nin lexitima o poder político. Ninguén ten dereito a impoñer leis sobre outros. Consideran ao Estado coma unha institución inxusta e propón organizar a sociedade baseándose na liberdade individual, a solidaridade e o apoio mutuo.

Ser humano como animal político


Resultado de imagen de bipedo implume

          Platón definia ao ser humán como un bípedo implume. É dicir, camiña a duas patas e non ten plumas. Pero entón, o filósofo Dióxenes o cínico trouxolle un polo desplumado, e presentoullo a Platón.
          Díxolle "aqui tes o teu ser humán".
          Co cal a Platón so lle quedou responder "e ademais ten que ter uñas planas".



Fíxose evidente que non era tan sinxelo definir ao ser humán. Porque....¿Qué é aquelo que nos caracteriza como humáns? ¿Qué é aquelo que nos fai humás e nos diferencia do resto dos seres vivos?
Dende logo non é so que andemos a duas patas e non teñamos plumas.
Aristóteles, discípulo de Platón tomouse en serio definir a esencia do ser humán. E tendo en conta que en Grecia se lle daba máxima importancia a vida pública (e dicir, a vida política), Aristóteles definiu ao ser humán como aquele animal que é político. En grego dise zoon politikon, animal político.
Para Aristóteles a política é aquelo máis característicamente humán, é aquelo que nos define como humáns. Nos non só creamos sociedades para vivir, senón que ademáis creamos normas para estructurar a sociedade, incluso pudendo organizar sociedades de milleiros de individuos. 
A política entón sería aquel saber, aquela disciplina que trata do goberno e da organización da sociedade.
Nas sociedades hai diferentes tipos de normas para organizarnos, e non todas son da mesma clase. Poderíamos clasificarlas da seguinte maneira
(diseño) 

Orixe do poder político

¿Cómo se xenera o poder político?
Se foramos todos xuntos nun barco e naufragáramos, indo a parar a unha illa deserta ¿Qué sucedería?
¿Iría cada un por separado a buscarse avida? ¿Ou crearíamos unha sociedade?
Ben é posible que o grupo se separe, pero é pouco probable que se separe a nivel individual. Poderían facerse pequenos grupos o un gran grupo. En todo caso, a tendencia do ser humán é xuntarse.
O que nos fai fortes é o grupo, e nos o sabemos algúns consciente e outros inconscientemente.
Cando somos un grupo somos máis fortes. Porque dividimos as tarefas e cada un dedícase ao que se lle dai mellor. Uns cazan, outros investigan, outros fan a comida..... E nunha sociedade grande é aínda máis útil. Uns fan casas, outros son médicos, e outros nos entreteñen. Todas as funcións son importantes. Non sería moi probable estadísticamente que sobrevivamos moitos anos totalmente aillados da sociedade.
Aínda que nos guste a soedade, vivimos nunha casa construida por un albañil, diseñada por un arquitecto, concedido o permiso de construcción por un funcionario do concello.... se enfermamos iremos ao médico, e se queremos un ordenador alguén o fabricou e posteriormente alguén o vendeu.
Así que aínda que nos guste a soedade, sempre somos sociables, en menor o maior medida.
Non ser sociables é vivir no monte por nosos propios medios. Sabemos que non seríe sinxelo sobrevivir. Así que case instintivamente nos xuntamos en grupos, xa sexan de maior o menos tamaño, porque a nosa sociabilidade é o xeito que temos de adaptarnos mellor ao medio. É a nosa vantaxe evolutiva.
O noso gran cerebro, unido a noso desenrroladísimo xeito de comunicarnos pode establecer especificamente normas moi precisas de convivencia, e definir exactamente cal será a especialización de cada individuo na sociedade (mestre, cociñeiro, enfermeiro...). Así que Aristóteles non se equivocaba ao dicir que o que nos fai humanos é a política.
E a política xurde case sen ser conscientes.
Cando un grupo de humáns se xunta, xa sexa no principio dos tempos, coma nun naufraxío, xurdirán líderes. Líderes que organizarán au grupo. Segundo a sociedade crezca, a forma de organizarse variará, pero sempre teremos xerarquías (excepto para os que defendan o anarquismo, que non aceptan esta premisa).
(diseño da orixe do poder político)


Éticas Materiais

As éticas materiais son aquelas que teñen un contido concreto, e nos din exactamente cal é o obxectivo a seguir para ter unha actitude ética.
Ter unha finalidade é o mesmo que ter unha teleoloxía. Por tanto as éticas materiais son éticas teleolóxicas: buscan un fin concreto.
A maioria das éticas son éticas materiais. O que as diferenza son os obxectivos que persigue cada unha. Sen mais precisos direi que todas persiguen facer o correcto, sen embargo todas entenden de diferente xeito qué é o correcto, o ben.
Vexamos algúns exemplos:

1. Intelectualismo moral

Chámase asi porque relaciona a sabiduria (o intelectual) coa ética (a moral). Os grandes representantes de esta ética son Sócrates e o seu discípulo Platón. Sócrates dicía que o home que é sabio, necesariamente é bo. Dicia que non existian homes malos, tan só ignorantes. Porque unha persoa sabia sabe que facer o ben benefica a todos. Se crees que facer o mal e mellor é porque eres un necio que non pensas as consceuencias. Por exemplo: seríamos todos mais felices nunha cidade xusta onde todos nos axudamos. É o mellor para todos. Se ti roubas, por exemplo, rompes esa armonía e pexudícaste a ti mesmo, xa que nunha sociedade onde poden roubar ninguén está totalamente tranquilo.
Platón pensaba parecido ao seu mestre, pero añadía tamén como obxectivo ademáis da sabidurida a xustiza. O home bo é o home sabio pero tamén xusto.

2. Eudemonismo

Esta palabra tan rara ven do termo eudemonia que significa felicidade. Unha ética eudemonista é por tanto unha ética que ten por obxectivo a felicidade. O obxectivo do home é a felicidade. Soemos poñer a Aristóteles como o representante da ética eudemonista.
¿Pero qué é felicidade? ¿Felicidade é estar tranquilo sen facer nada? ¿Felicidade é non ter que vir a clase e non ter que trabajar? ¿Qué entende Aristóteles por felicidade?
Aristóteles entende que felicidade é facer aquelo que desenvolve as túas maiores potencidades. Felicidade é autorrealizarse. Por iso estar tirado sen facer nada non é auténtica felicidade. Para Aristóteles entón, é desarrollar a nosa racionalidade, pois é o mais grande que temos. Él o chama "practicar a virtude que nos é propia", e xa que nos nos diferenciamos dos animais en tanto qeu somos racionais, a nosa virtude é a sabiduria.
Entón vemos que Aristóteles, discípulo de Platón, tamén identifica a intelectualidade coa ética. porque di que o fin da ética é a felicidade, e para obter felicidade hai que practicar a sabiduria. Co cal, en Aristóteles tamén atopamos certo intelectualismo moral. Poderíamos poñer a súa ética tamén no apartado anterior.
Xa vemos que en filosofía non hai respostas exactas nin definicións pechadas. Tan só clasificamos para entender, pero as clasificacións poden e deben ser cuestionadas.


3. Hedonismo

O hedonismo busca como fin último o placer. É unha ética que ten como fin o placer. Pero debemos pensar ben qué é o verdadeiro placer. Hai xente que non quere traballar e se pasa o día no sofá vendo a tele. Poderíamos dicir que esa persoa é un hedonista. Pero non estaríamos falando con correción. É certo que as veces escoitamos falar dunha persoa que non se complica e só fai o que lle da placer coma se fora un hedonista. Pero se somos precisos hai que analizar se é un autentico hedonista ou un falso hedonista.
A persoa que está tirada no sofá e non quere traballar está sentindo un placer pequeno pero se lle aveciña un futuro difícil. Durante dez anos non traballa. Pero tempo se lle acaban a axudas, a súa familia se farta de mantelo, queda só e non ten cartos para vivir mais que de un xeito precario. Mentres a persoa que traballou ten unha casa confortable e cos anos poderá xubilarse tranquilamente.

¿Quén é o verdadeiro hedonista?¿Quén pensa verdadeiramente no auténtico placer? ¿O que pensa no placer instantantáneo e pouco duradeiro ou o que pensa o placer a longo plazo e duradeiro?

O que hai que facer para ser un auténtico hedonista é proxectarse no futuro que desexas ter e traballar para conseguilo.

Outros xeitos de entender o placer é tamén identificalo cos placeres intelectuales. Algunhos placeres nos poden traer sufrimento. Por exeplo, se queremos ter moitas riquezas, podemos sufrir por non conseguilas. Pero si nos esforzamos en disminuir a nosa codicia, seremos máis felices. A amistade, as boas conversacións, practicar a sabiduria é o verdadeiro e máis permanente placer, pois no acarrexa dor e sufrimento posteriormente.

4. Ética cristiana

A ética cristiana serve como exemplo de unha ética relixiosa. Como toda ética relixiosa ten unhas normas que se deben seguir para ser un individuo ético. No caso do Cristianismo teríamos os mandamentos, que son normas concretas que debemos seguir como guía moral.
A ética cristiana ten o valor de especificar con normas moi concretas cómo debemos actuar. ten entón unha función pedagóxica sobre todo no pasado, cando a xente non sabía desarrollar a súa propia ética, pois realmente ao final chega ao mesmo tipo de normas que as demáis éticas.
Por exemplo: non matarás, non roubarás....


5. Utilitalismo moral

O Utilitarismo moral dí que o fin da ética e proporcionar maior utilidade a maior número de persoas posibles. As persoas deben actuar de tal xeito que de como resultado os maiores beneficios a maior número de persoas posibles.
Os máximos representantes son Benthan e John Stuar Mill.
O problema do utilitarismo é determinar cal é a maior utilidade para a maioria, o cal xera infinidade de dilemas éticos. Os utilitaristas persiguen a "maior utilidade" ou "o ben da maioria", e dicir, teñen que elixir aquelos actos que teñen consecuencias mais preferibles para a maioria das persoas que se vexan afectadas.

Éticas Materiais e Formais

Normalmente clasificamos as Éticas en Materiais e Formais.

As éticas materiais chámanse así porque teñen un contido, unha materia. Esto non significa que sexan materialistas e que lle den importancia as cousas materiais. O único que significa é que teñen un obxectivo concreto. Por exemplo que o obxectivo é a felicidade, a sabiduria...etc. Un termo que serve para definir isto é teleolóxico. Telos significa fin. Entón esta palabra que asusta tanto ao principio quere dicir sinxelamente que ten unha finalidade concreta. Unha ética teleolóxica é aquela que busca algo moi concreto. Como xa dixen pode ser a felicidade, a sabiduría...etc

 As éticas formais, pola contra son aquelas que non teñen un obxectivo definido, tan só nos dan una fórmula para actuar correctamente pero non nos din concretamente qué é o Bo. Outra forma de chamar ás éticas formais é éticas deontolóxicas. Iso quere dicir que nos dan unhas normas, e noso deber é cumplilas. As éticas formais preséntannos unha forma de facer as cousas, pero non os di o obxectivo concreto.

Non vos asustedes, en principio esta diferenciación pode parecer moi abstracta pero o entenderedes ben cando analicemos os dous tipos de éticas e vexamos exemplos. Non vos agobiedes!

Dependendo de que tipo de ética sigamos as decisións que tomemos ante a vida poden ser moi diferentes. Nas pequenas decisións do día a día non se aprecie tanto, pero nos dilemas éticos é donde vemos o diferentes qeu son unhas de outras.
A decisión de qué tipo de ética queres practicar na túa vida é decisión túa. Pero non o olvides, a ética busca a acción correcta sexa cal sexa a súa concepción.

Xustificación Antropolóxica da Moral

Con estes termos tan formais o único que estou a dicir é porque somos nos, os humáns, éticos por natureza.
Antropoloxía é a ciencia que estuda ao ser humán. Así que cando dicimos que imos dar unha xustificación antropolóxica da moral estamos dicindo que imos explicar porqué necesitamos a ética e a moral.
Na natureza existen moitos tipos de seres vivos, e cada un presenta as súas diferenzas.
Por exemplo, non é igual un can que un simio. Imos estudar entón, dende o punto de vista filosófico que cousas nos diferenzan. Maís concretamente o veremos dende o punto de vista da Antropoloxía Filosófica, que é aquela filosofía que estuda ao ser humán.
Vemos que os vexetais teñen un tipo de vida no que se rixen por impulsos. Teñen un impulso de medrar de certa forma, de reproducirse de certa forma....Por exemplo, as súas raices son fotofóbicas (fuxen da luz) e medran para abaixo...etc
Os animais invertebrados, sen embargo, teñen algo que chamamos instinto. Un instinto é un patrón de comportamento que repiten todos os animais dunha mesma especie sen excepción de un só. Ese patrón de comportamento non é aprendido, non o adquiren do aprendizaxe, senón qué nace con eles, é innato e xenético.
A lombriz non aprende da súa experiencia, senón que cando nace xa está programada para sobrevivir actuando de determinada maneira. Iso é exactamente un instinto.
Os animais vertebrados ademáis de instintos poden aprender hábitos. Iso quere dicir que ademáis de nacer con conductas programadas (instinto de supervivenza, etc) poden aprender cousas da súa experiencia. Por exemplo, un can ten instintos pero se lle pode adiestrar.
Os primates tamén teñen instintos e poden aprender hábitos. Pero ademáis, os primates teñen aprendizaxe espontáneo. Eso quere dicir que teñen certa creatividade e nunha situación nova poden inventarse solucións que nunca antes viran. Para que xurda este aprendizaxe espontáneo debe haber un estímulo que o estimule. Por exemplo, ten fame e quere alcanzar a comida que é de dificil acceso. Pode inventar una forma para alcanzala.
Os seres humáns nacemos con instintos pero pronto os perdemos (ou case todos ou na totalidade, isto é un debate aberto). Un bebé actúa instintivamente, por exemplo, pechando a man cando lle achegas o dedo. Isto é un vestigio evolutivo que nos queda dos nosos antepasados, cando os bebés debían aferrarse aos pelos da nai para ir colgados nela, igual que o fan os bebés primates.
Aproximadamente aos dous meses de idade os bebés deixan de presentar estes instintos e relacionánse co mundo doutro xeito. Comezan a aprender do seu entorno, inmersos nunha cultura que ten determinado xeito de adaptarse ao entorno. Digamos que o ser humán nace con instintos pero ou ben os perde, ou ben os ten debaixo de moitas capas que os cubren. Capas que poden ser a cultura, a etica de esa sociedade etc.
O humán entón aprende hábitos e costumes, ten aprendizaxe espontáneo (seguro que tedes recordos de nenos facendo inventos curiosos) e ademáis ten unha cultura.
Pero... si perdemos os instintos, ou os temos debaixo de moitas capas... ¿iso quere dicir que as nosas respostas non están programadas?
Exactamente. As nosas respostas poden ser infinitas. Cada persoa é libre de tomar as súas decisións. E se somos libres somos responsables. A liberdade nos fai responsables dos nosos actos. Os animais non humáns non teñen tal liberdade mental. Un león non pode decidir ser vexetariano.
¿Podedes dicir que a nosa responsabilidade ven dada pola nosa consciencia?. ¿Como comprendemos que algo non é bo, entón somos responsables?.
En certa medida si. Pero non e o factor máis importante. A liberdade é o factor decisivo que nos fai responsables.
Vexamos un exemplo: Apúntante cunha pistola e te din que roubas o banco ou te matan. Ti crees que a túa vida é maís importante que os cartos e decides obedecer. ¿Eres consciente de qué é incorrecto roubar? Si ¿Eres responsable de ese roubo? Non, porque non eras libre.
Entón, a liberdade é o que nos fai responsables. Se non podes decidir non eres responsable.
Non estamos programados para actuar todos da misma forma, como moito estamos programados para ser libres. Esa liberdade é por un lado maravillosa, pois nos permite ser creativos. Pero por outro lado pesa moito, porque nos fai donos dos nosos actos.
¿Entón os humás non temos instintos? O ben non os temos xa que non vemos ningún patrón de comportamento que repitamos todos ou ben temos os instintos moi devaluados.
Non temos instinto maternal, propiamente dito, xa hay nais sanas que dan en adopción os fillos. Nin temos instinto de supervivencia, xa que hai xente mentalmente corda que disfruta arriesgando a súa vida facendo puenting, cousa que non fan os cans. Recorda que para que sexa instinto o teñen que facer todos os individuos sans dunha mesma especie.
Se fora certo que temos instintos ao menos os temos por debaixo doutras capas, por exemplo da capa da ética. Una persoa considerada sana pode ter unha tendencia sexual hacía outra persoa, pero a súa ética impediralle que se bote enriba dela coma se fora un can. Pensará a forma de conquistar a outra persoa e incluso aceptará un no educadamente.
Porque somos éticos por enriba da nosa natureza física. Podemos dicir que a ética é unha de esas cousas que nos diferencia dos outros animais. Por iso a nos se nos piden responsabilidades dos noso actos e a unha lombriz non.
Como xa dixen en clase, non esquezades que a diferencia entre uns animais e outros non é radical, senón mais ben de grao. Aos animais non humáns maís intelixentes, as veces pedímmoslles certas responsabilidades. Por exemplo, as veces castigamos a un can por desobeceder. Pero a como a súa liberdade mental non é tan grande como a humán non lle esiximos tanto como a un humán. A un pez, por exemplo xa non lle pedidos ningunha responsabilidade. Entón, a maior intelixencia, menos instintos, mais liberdade de decidir e mais responsabilidade.

Resumindo: Somos por natureza donos dos nosos actos e por iso somos por natureza animais éticos, animais morais.

Debido a que debemos tomar decisións fácemonos a pregunta de ¿Qué é o correcto? ¿Qué debo facer? ¿Qué é o ben e que é o mal? Non estamos programados para responder instintivamente ante os estímulos, senón que debemos decidir. E podemos decidir facer o ben ou o mal. Evidentemente tamén podemos entender de diferente xeito qué é o ben e que é o mal. Pero a nosa liberdade nos obriga a decidir.



¿Abonda coa Ciencia para comprender a Realidade?

Próximamente

¿Porqué os primeiros filósofos se preguntaban polo ser?

¿Qué é a realidade?

¿Qué é a realidade?
O termo realidade deriva do termo "res", que significa "cousa material", "ser", "que produce efectos"...
A realidade é aquelo que ten existencia real, o conxunto ou a totalidade do universo, aquelo que é efectivo (= esto significa que produce efectos, que é verdadeiro), ou que ten un valor práctico.
En principio, a realidade semella o contrario que o ilusorio ou o fantástico. E digo semella, porque veremos que non é tan sinxela a cousa.
Porque ¿A realidade está formada só por cousas materiais? E antes de seguir lendo paradvos a pensalo un momento.
Por exemplo ¿Os sentimentos son reais?. Non creo que ningúen dubide que os sentimentos son reais. Sen embargo, non son materiais. Ben é certo que podemos observar algunhas das consecuencias dos sentimentos, como o llanto, a risa, as expresións de enfago ou sorpresa... pero tamén sabemos que a risa en si, non é un sentimento, senón unha expresión. De feito, hai xente pouco expresiva que disimula os seus sentimentos en non os mostra. Eso non significa que non sufra ou non sinta. E os actores, poden finxir enfado sen estar realamente enfadados.
Así que temos claro que os sentimentos no son físicos. Sen embargo existen. Porque producen efectos, eu os sinto, aínda que non son materiais.
E Deus ¿É real? ¿Acaso podemos demostrar empiricamente que existe ou que non existe? Sabemos que non se pode demostrar a súa existencia, mais tampouco que non exista. ¿Porque acaso só é realidade aquelo que se presenta ante a experiencia? Sabemos que hay cousas que existen aínda que non as experimentemos (por exemplo os sentimentos de outra persoa).
Vemos que é dificil definir qué é a realidade xa que as veces non temos claro que cousas son reais e que cousas non son reais. É por iso que o tema de realidade é un debate filosofíco perpetuamente aberto. E tamñen un debate metafísico, porque para definir qué é a realidade temos falamos do que é físico e tamén do que está mais alá do físico (=meta-físico, que que "meta" significa "máis alá de").
Antes dicíamos que a realidade semellaba o contrario que o ilusorío ou o fantástico. Pero sento estrictos ¿o fantástico non existe?
Tintín ou Patricio Estrela, son persoaxes fantásticos. Pero se non existen... ¿Cómo é posible que poda falar de eles e vos me entendades? ¿Non teñen ningún tipo de existencia? Entón ata a fantasía forma parte da realidade.
E o virtual ¿é real? En principio virtual significa falso, aparente. A palabra virtual úsase como o oposto o real. A realidade virtual é a falsa realidade. Pero ¿quén se atreve a dicir que Google non existe?¿Ou que as tendas virtuais non existen? Así que o virtual tamen parece real.
Pero aínque só queramos admitir que o único real é aquelo que é físico ¿non é certo que en último termo todo o físico se reduce a enerxía? O físico está composto de átomos, que a súa vez están compostos de electrçons, protón e neutróns. Os cales, por defición son pura enerxia, no son físicos.
Así que como vemos contestar a ¿Qué é a realidade? É verdadeirmaente dificil
Vexamos o seguinte vídeo facendo click

Nunca sabremos qué es la realidad y este es el motivo

https://www.youtube.com/watch?v=bBS46SWiFvo

A estas alturas teremos máis confusión que outra cousa. Pero é labor de filosofía plantexar dúbidas e derribar o noso dogmatismo.
Non vos asustedes. no seguinte apartado estudaremos que o que sucede é que hai diferentes tipos de realidade, e non todo pertence o mesmo plano.

Pero o importante non é qué é a realidade. Senon qué é a realidade para min. Porque se amiña vida entorno a certas ideas, crenzas e percepcións, esa é a miña realidade. Neste sentido a realidade é aquel conxunto de situacións que unha persoa vive a diario. A miña realidade non é mesma que a túa. ¿Deus existe? Depende de si a túa vida en torno a súa existencia. Dende logo ningúen pode demostrar que exista ou qeu non exista. Por iso, ante todo, debemos respetar as percepcións dos demais sempre que no non limite a nosa liberdade (entendendo que todos actuamos dentro da legalidade).




Tipos de Realidade

Como estudiamos no anterior punto,  a resposta a qué é a realidade non é sinxela. Sen embargo o que si podemos facer é clasificar os diferentes tipos de realidade. Nos estudiaremos as seguintes categorías:

1. Continxente-Necesario

Hay realidades que son continxentes e realidades que son necesarias. Continxente é aquelo que existe pero podería non haber existido, e necesario é aquelo que non pedería non haber existido.
Eu mesm@ existo pero podería non haber existido. Así que a miña realidade é continxente.
É moi importante entender que para determinar qué é continxente ou qué é necesario antes temos que plantexarnos se temos unha concepción do mundo determinista (todo está predestinado a suceder) ou defendemos un libre albedrío pleno (total libertad).
Para unha persoa que ten un punto de vista determinista todo existe por necesidade, xa que as cousas acontecen mecánicamente, unha detrás de outra sen opción a variar o curso do mundo.
Noutro extremo temos as persoas que defenden o libre albedrío pleno. Para eles toda a realidade é continxente. Existe pero pode´ria non haber existido.
Pero tamén existe a posibilidade de ter un concepto da realidade entre ambos extremos, nin hai total liberdade nin todo sucede mecanicamente. Depende de cómo penses a resposta será distinta.
Por exemplo. Si crees en Deus, Deus existe por necesidade. Pero probablente as flores son continxentes. Existen pero poderían non hbaer existido.
Un gran dilema da teoloxía é o seguinte. Se Deus xa sabe todo o que vai pasar entón non hai libre albedrío. Poi outro lado, para que os crentes se fagan merecedores do ceo ou do inferno teñen que ter liberdade. Enton, ¿Cómo van a ser libres para gañar o ceo ou o inferno se o seu destiño xa está marcado? ¿Hai ou non hai libre albedrío? A resposta é un debate aberto.


2. Natural-Artificial

A realidade natural é aquela realidade que existe por si soa, sin intervención do ser humán. A realidade artificial é aquela que se produce pola intevención do ser humán e con intencionalidade. Vexamos exemplos.
Un xarrón con flores
O xarrón, no caso de que sexa de cerámica é artificial. No caso de que sexa de madeira seguiría sendo artificial, aínda que o material é natural, xa que unha perosa tallou a madeira para crear un xarrón.
A flor, podería ser natural ou artificial dependendo de si é de plástico ou non.
En todo caso, sempre, o conxunto "xarrón con flores" é artifical porque o xarrón con flores non apareceu por arte de maxia, seón que unha persoa o colocou así.
Unha flor viva
Todas as flores vivas son naturais. No caso das flores silvestres, que nacen espontáneamente xerouse tamén de un xeito natural. E no caso das flores que foron plantadas por un xardineiro foramndo un xardín tamén é natural, aínda que o xardín (o conxunto e distribución das flores) non sería natural. Enton podemos ter cousas artificiais (xardín planificado) formadas por cousas individualmente naturais (flores).
¿É os bebés que foron fecundados in vitro?¿Son naturais?
Reflexiona un momento. Se algo está feito coa intervención humana e de xeito intencionado buscando un fin, é artificial. ¿Son entón artificiais esos nenos?
Non. Os bebés SI son naturais. O que foi artificial foi a súa fecundación. Xa que unha vez fecundado o embrión desarrollouse naturalmente sen mais intervención externa.



3. Física- Psíquica

Hai realidades físicas é realidades psíquicas. Por exemplo. Os sentimentos son psíquicos. E as pedras son físicas.
Os personaxes de ficción son psíquicos, como as sereas, Harry Potter, etc. Eso non significa que non existan. Teñen unha existencia psíquica.
Pero se digo "A Biblia" ou "O Quixote"¿son realidades físicas ou psíquicas? Eu podo coller un exemplar do Quixote. Sen embargo ¿É eso o Quixote? ¿Ou o Quixote é unha realidade maís ala dun libro físico? Se eu queimara todos os libros do Quixote ¿deixaría de existir? Non. Porque o Quixote trascende o libro onde está impreso (trascender = ir mais alá). Co cal "éste libro concreto e particular que teño na man" é físico. Pero a obra "O Quixote" é psíquico.

¿É Napoleón? ¿É físico ou psíquico? Neste momento é unha realidade psíquica, existe na nosa memoria e nas consecuencias dos seus actos. Pero Napoleón fisicamente xa non existe. Pero houbo un tempo, no pasado, no que SI existiu físicamente. Aínda que aún se conservasen os seus osos, non pederíamos dicir que "iso" é Napoleón. Así que non podemos dudar de que é unha realidade psíquica.


4. Acto-Potencia-Posibilidade

Existen cousas que non logramos aínda pero que de algun xeito tamén existen. Por exemplo.
Temos a miles de científicos investigando a cura contra o cancro. Non é unha realidade hoxe. Pero sabemos que probablemente se logre. Así que as cousas que van a acontecer nun futuro tamén teñen certo tipo de realidade.
As cousas que existen hoxe chámanse realidades en acto. As cousas que non existen hoxe pero están diseñadas estructuralmente para ser algo sempre que se cumplan certas condicións chámanse realidades en potencia. E as cousas que poden ser de un xeito ou de outro no futuro chámanse realidades en potencia.
Por exeplo, unha noz.
En acto é unha noz. En potencia é un nogal (a súa estructura está diseñada para ese fin, que pode darse ou non, dependendo de si se dan certas condicións). E esa misma noz pode ser como posibilidade un ingrediente para un bizcocho (é algo para o que podemos usar a noz, pero que estructuralmente no estaba diseñada para iso).
Un ovo. En acto é un ovo. En potencia unha ave (os ovos son para que deles nazca unha ave). E como posibilidade é parte de unha tortilla de patacas (non era o fin para o que existe pero é una posibilidad que pode realizarse).
Que ti estudes para ser arquitecto é unha posibilidade, xa que non estás definido estructuralmente para selo, sen embargo eres un vello ou unha vella en potencia, porque se se dan certas condicións (non morres) inevitablemente ese é o destino de todos.

Cando unha realidade en potencia se converte en acto, dise que "actualizou a sua potencia". Cando una semilla convértese en planta, actualizou a potencia de converterse en planta. E agora xa é unha planta en acto. Antes era unha semilla en acto e unha planta en potencia.

AS PARADOXAS

Un tipo especial de contradicción é a paradoxa. Nas paradoxas a contradicción nos mete nun bucle eterno, nun laberinto lóxico que non ten solución e que vai en contra do sentido común.
Unha das mais famosas é a paradoxa de Russel, chamada a "Paradoxa do barbeiro" e que presenta así:
Fai moitos años, nun reino lonxano, había poucas persoas que tiveran como oficio ser barbeiro. Para solucionar o problema, o rei dictaminou que os barbeiros soamente podían afeitar ás personas que non se podían afeitar a sí mismas.Un de esos barberos, era o único na súa comarca e lle entrou a seguinte dúbida: “Como barbeiro non podo afeitar ao barbeiro da miña comarca, que son eu, porque entón podería afeitarme a mín mesmo. Pero entón algún barbero debe afeitarme, pero como son o único que hai, entón no me podo afeitar”.

Ou simplificando;

"O único barbeiro da cidade afeitará a todos aqueles  homes que no se afeiten a sí mesmos".

Pregunta: ¿quén afeitará ao barbeiro?Se non se afeita a sí mesmo será unha das personas da cidade que no se afeitan a si mesmas, co cal debería de afeitarse, sendo por tanto unha das personas que se afeitan a sí mesmas, no debendo por tanto afeitarse.
¿Qué pode facer o noso pobre barbeiro para facer desaparecer as suas barbas? A verdade e que está nunha situación realmente complicada. Tan complicada, que é unha paradoxa e non ten solución.
Outras paradoxas: 

"Esta oración es falsa"

"Supermán é o home que salva a todos os homes que non se salvan a si mesmos"




Resultado de imagen de paradojas logicas


Resultado de imagen de paradoja del mentiroso ejemplos


Resultado de imagen de paradoja lógica

Resultado de imagen de paradoja

Introducción ao razoamento lóxico.

Dende fai moito tempo se pensou que existía unha relación entre a linguaxe e o pensamento. Porque acaso podemos imaxinar pensar sen usar a linguaxe? Se nos paramos a observar o noso pensamento, dámonos conta de que usamos a linguaxe. Por exemplo, se estamos pensando o que imos a facer o fin de semana, o noso pensamento ten forma de discurso, de monólogo interior.
Xa na Grecia antiga, nai da nosa cultura chamaron "logos" tanto á palabra, lingua, decir, como ó pensamento, ó razoamento.
O que sucede é que a linguaxe humán utilízase de moitas formas. Por exemplo, as veces a usamos para definir algo, intentando ser o máis precisos posibles, e outras veces para facer metáforas, que teñen dobres sentidos, etc.
Digamos que a linguaxe ten moitos recursos, pero as veces pode ser ambigüa ou imprecisa. Eu podo dicir "os seus dentes son coma perlas" pero non estoy usando a linguaxe de xeito formal, senón metafórico. Tamén podemos dicir cousas coma "Xoan é o meu pai e non é o meu pai", puidendo ter sentido (por exemplo no caso de que Xoan sexa o proxenitor pero nunca o coidase, o ignorase, co cal non o considera pai). Pero sabemos que nesta última frase estaríamos xogando cos dobres sentidos da linguaxe.
É por iso que se consideró necesario diferenciar entre linguaxe natural e razoamento. A linguaxe natural é a que usamos normalmente para comunicarnos. O razoamento lóxico sen embarago é moito mais preciso, e ten unhas reglas mais estrictas que a linguaxe natural. Non se permiten ambigüedades nin dobres sentidos.
A ciencia que se ocupa de estudar qué razoamentos son correctos, das leis do pensamento chamóuse lóxica.
As ciencias como a física e a química, a bioloxía... tratan de explicar cómo é o mundo. Por iso necesitan contrastar as súas teorías cos datos que temos da realidade. Necesitan entón a experiencia. Pero hay outras ciencias que non tratan do mundo, senón de cómo ordenamos os nosos coñecementos, de cómo pensamos, de cómo e a estructura interna do razoamento.
Non tratan entón dun contenido (por exemplo a bioloxía estuda a vida) senón dunha estructura, dunha forma. É por iso que a éste último tipo de ciencias chámanse ciencias formais e son ciencias como as matemáticas e a lóxica.
Os matemáticos non experimentan coa realidade, senón que son puramente teóricos. Eles fan sus razoamentos e non experimentan como sí necesitan facelo os químicos. Pois de igual maneira fan os que se dedican a lóxica.
Como a lóxica non trata da experiencia, non lle importa se o enunciado correspóndese coa realidade. Impórtalle soamente que a conclusión se derive dos resultados. Esto pode parece un pouco absurdo de primeiras, pero imaxinemos que somos unha intelixencia artificial e soamente procesamos os datos dados, non temos experiencia vital, non temos opinións, nin crenzas. Tan só fumos programados para procesar datos.
Se o pensamos así é mais sinxelo entender como procede a lóxica.
Podemos dicir:
"Eu son superman"
"Se eu son superman a lúa é de queixo"
E partindo de esas premisas concluir lóxicamente que "a lúe é de queixo". Parece absurdo, si, pero o razoamento é lóxico. Se fóramos unha intelixencia artificial non xulgaríamos sé é unha tontería oou non. Tan só nos quedaríamos co que a estructura do razoamento é lóxica.

Tautoloxías, contradiccións e continxencias.

TAUTOLOXÍA:

Tautoloxía é un térmo que proven do grego e que fai referencia á repetición dun mesmo pensamento a través de distintas expresions. Una tautología, para la retórica, es una afirmación redundante.

Exemplos de tautoloxía na linguaxe natural: 
- Subir arriba
- Vivir a vida
- Sorpresa inesperada

Resultado de imagen de tautologia filosofia

Resultado de imagen de tautologia filosofia

Imagen relacionada
Imagen relacionada


Con respecto a lóxica, unha tautoloxía é aquela proposición que en todos os casos posibles da súa tabla de verdade o seu valor sempre é V. Vexamos o exemplo:





CONTRADICCIÓN:


Chamámos contradicción a unha incompatibilidad entre dous ou máis proposicións. Nunha contradicción afirmase e négase algo ao mesmo tempo.
Exemplos na linguaxe natural:
 -"Chove e non chove"
 -"A amo e a odio o mesmo tempo"
 -"Xoan é o meu pai e non é o meu pai"







En lóxica, enténdese por proposición contradictoria ou contradicción aquela proposición que en todos os casos posibles da súa tabla de verdade o seu valor sempre é F. Vexamos o exemplo:




CONTINXENCIA

Unha continxencia é un suceso que pode suceder ou non. En lóxica, enténdese por continxencia aquela proposición que pode ser verdadera ou falsa. Vexamos o exemplo:
20130124-100504 a.m..jpg

Os falsos argumentos

As falacias son razonamientos incorrectos que teñen a aparienca dun argumento, pero está incorrectamente construido. Unha falacia non é o mesmo que unha mentira ainda que as veces a xente o usa no mesmo sentido.
Soemos clasificar as falacias en dous tipos, en formais e en non estrictamente formais.

1. FALACIAS FORMAIS
Chámase formais porque son debidas a unha erro da estructura da argumentación. Vexamos as máis frecuentes:
- Ignoracia do consecuente
Sabedes que cando temos a proposición  A→B soamente podemos concluir B no caso que teñamos A, pero non o contrario. 
Por exemplo: Se chove, a rúa móllase. Neste caso chover sería A y mollarse a rúa sería B. No caso de que chova, a rúa se molla. Pero ¿É posible que a rúa se molle aínda que non chova? Si, por exemplo, pode ser a festa da auga e os veciños tiran caldeiros dende as ventás. Co cal pode darse B (a rúa se molla) sen que teña que darse A (que chova). 
A ignorancia do consecuente é cando non temos en conta esa norma e concluimos que si sucede B (a rúa se molla) entón necesaríamente temos A (chove).
A forma lóxica sería esta:
-1. A→B
-2. B
├  A   Esta conclusión non se deriva das premisas, é unha falacia
 
- Negación do antecedente
 Consiste en negar o consecuene cando temos negado o antecedente.
Por exemplo, temos a mesma premisa: Se chove, a rúa móllase.E ademáis temos outra premisa máis: Non chove. E como non chove concluimos que a rúa non se molla. Sería unha conclusión non válida, xa que igual que no caso anterior a rúa pódese mollar por outras causas.
A forma lóxica sería:
-1. A→B
-2.  ¬ A
├ ¬B   Esta conclusión non se deriva das premisas, é unha falacia

2.FALACIAS NON FORMAIS
Vexamos algúns exemplos de falacias non formais.

- Falacias de ambigüedade
Son debidas a equivocidade dun termo. Por exemplo:
Os gatos son animais.
Os gatos son elevadores para coches.
Logo, os elevadores para coches son animais.

- Falacias ad hominem
Consiste en apelar a circunstancias a circunstancias persoais para descalificar os argumentos do outro. Por exemplo: Argumentar que a filosofía de Netzsche é erronea porque éste acabou tolo.

- Falacia tu quoque 
(=ti tamén) Consiste en replicar unha argumentación na que somos acusados de algo, acusando ao contrario do mesmo. Por exemplo, un partido político acusa a outro de corrupción. É este último deféndese acusándolles de facer o mesmo. Este tipo de defensa incurre en unha falacia tu quoque.

-Falacias ad populum
Consiste en halagar ao oínte, ou apelar aos seus sentimentos co fin de que admita unha proposta, pero sin aportar probas reais da bondad da proposta. Este tipo de propostas é frecuente nas campañas publicitarias e nos discursos electorais. Digamos, en linguaxe coloquial, que "estanos camelando". 

-Falacias ad verecundiam
Tamén chamado "argumento a autoridade". Consiste en defender uha proposta basándose na gran autoridade de unha persoa con gran reputación que sostivese esa tesis. Cando defendemos unha idea debemos defendela con argumentos, non apelando a autoridade sen mais. Ademáis xa estudamos como grandes xenios equivocáronse , coma cando Galileo tivo que enfrentarse a teoría cosmolóxica do gran filósofo Aristóteles.  

- Falacia ad ignorantiam
Consiste en pretender que algo sexa falso so porque non se puido demostrar que é verdadeiro. Por exemplo: Non se demostrou que haxa vida fora da Terra. Luogo, non hai vda fora da terra.

- Falacia post hoc, ergo propter hoc
Consiste en establecer unha relación cuasal entre dous fenómenos soamente porque un ven detrás de outro. Por exemplo, se despois de romper un espello sufres un desengaño amoroso, e atribues éste á ruptura do espello, simplemente porqeu unha cousa sucedeu despois da outra.

- Falacia ex populo
Consiste en defender unha tesis apelando a que todo o mundo está de acordo.

- Falacia naturalista
Consiste en decir que o que "é" é o que "debe ser". Por exemplo, se as mulleres están encasilladas no papel de ama de casa, dedúcese que así debe ser.




Campos ordenados por pureza

Un pouco de humor. En relación coa clasificación das ciencias:

Método Hermenéutico

O método hermenéutico é o método propio das ciencias sociais. O nome ven dado polo deus grego Hermes, o mensaxero dos deuses, que transmitía e interpretaba as menxases divinas eviadas aos homes.
A hermenéutica é a arte de comprender, explicar e interpretar textos. As ciencias socais traballan con textos, xa sexan textos de antropoloxia, textos xurídicos, relixiosos... Tamén se coñece como Teoría da Interpretación.
Pretende explicar as relación entre un feito e o contexto en cal acontece. O intérprete debe desprenderse do seu tempo, dos seus xuizos persoais para interpretar o texto da maneira máis obxectiva posible. Éste método axuda moito á investigación porque revela significados ocultos no texto.
Parte do feito de que o ser humán é por natureza interpretativo. Co método hermenéutico non se chega a verdade, senón que ten a súa verdade propia, xa que non deixa de ser unha interpretación.
O círculo hermenéutico é infinito, isto significa que se pode seguir interprentanto infinitamente os textos e sempre podemos encontrar algo novo.
Outra característica é a forma de traballar é deconstructiva; divide en partes máis pequenas para poder analizalas.
Gracias ao método hermenéutico podemos interpretar os significados non obvios dos escritos.
En resumen: a hermenéutica comeza por comprensión, logo explicación e por último interpretación.
Para dicilo brevemente: cando nos estamos esforzando por explicar con palabras o significado dunha mensaxe estamos facendo hermenéutica.
Click aquí para ver un vídeo interesante.

Preguntas:
En qué se diferencia o método hermenéutico co método científico (=hipotético deductivo)?
É posible a Ciencia con interpretacións subxectivas?
Pode haber Ciencias humanas/sociais sen interpretación?

Inducción e Deducción

Inducción
É un método de razoamento que consiste en ir do particular ao xeral.
Exemplo:
María ten 18 anos e deixou de medrar
Xoan ten 18 anos e deixou de medrar
Luis ten 18 anos e deixou de medrar
De ahí inducimos: Todos os xóvenes deixan de medrar aos 18 anos
Nota: Aínda que as premisas sexan verdadeiras o inducido pode non ser verdadeiro. Debemos confirmalo coa experimentación

Deducción
É un método de razoamento que consiste en ir do xeral ao particular.
Exemplo:
Todos os xóvenes deixan de medrar aos 18 anos
María ten 18 años
De ahí podemos deducir: María deixou de medrar
Nota: Se as premisas son verdadeiras o deducido sempre é verdadeiro

Os dous métodos de razoamento son complementarios e necesítanse mutuamente. Co método hipotético deductivo podemos experimentar se as induccións son verdadeiras, e de ahí sacar Teorias (regras-xeralizacións). Esas regras son as que posteriormente usaremos para facer deduccións.

Minivídeo deducción-inducción
Minivídeo 2 deducción-inducción

Método Hipotético Deductivo

O Método Hipotético Deductivo é o método que usan as Ciencias. Galileo considéranse o pai da Ciencia Moderna. Con él formalizase o método das Ciencias, o Método Hipotético Deductivo.
Para o método científico, unha hipótesis é unha solución provisional para derminado problema que ainda non foi confirmada. Exprésase de xeito afirmativo. O que se plantexa na hipótesis someterase a investigación. 
Exemplo: "O consumo de proteinas mellora o rendemento intelectual"
Observación: A Hipótese pode non ser verdadeira. Necesita someterse a experimentación para confirmarse. Solo se confirma si ésta establece relaciones entre os feitos e explica porqué se producen.
Ás leis científicas son as regras, as normas constantes e invariables que normalmente se expresan de manera matemática ou en lenguaxe formal. É unha hipótesis confirmada por múltiples experimentos. Establece relacións entre os feitos e explica porqué se producen.
Un conxunto organizado de leis que explican un fenónemo é unha Teoria Científica.


A Revolución Científica no Renacemento

Thomas Kuhn, na súa obra "Estructura das Revolucións Científicas" explica como os avances científicos non se desenrolan de xeito progresivo e con un avance lineal, senón que avanza a través de revolucións ou grandes saltos.

Nun primeiro momento estaríamos nunha etapa precientífica. Unha vez que xurde a Ciencia, durante unha serie de anos o saber científico acumúlase dentro dun marco conceptual (recordemos o concepto de verdade como coherencia) ese marco chámase "etapa de Ciencia Normal". 
Pero sucede que despois de un tempo empezan a existir unha serie de de anomalías que non encaixan nese marco conceptual. Cando esas anomalías son poucas non se lles da importancia, pero cando comezan a ser moitas desestabilizan o sistema, que deixa de ser coherente, e comeza unha crisis.
Con esa crisis hai unha revolución na Ciencia, e iniciase un novo momento, unha Ciencia Nova. Co tempo, ese Ciencia Nova pasa a ser Ciencia Normal. Os avances científicos se desenvolveran de xeito acumulativo dentro da coherencia de ese marco. E de novo, tras un tempo xurdirán novas anomalías que nos levarán a unha nova crisis e revolución científica.
Kuhn chama a primeira etapa de Ciencia Normal paradigma 1, e a Nova Ciencia paradigma 2.


Temos un exemplo claro de esto no paso do Xeocentrismo ao Heliocentrismo. Durante moitos séculos acumulouse un coñecemento que debía encaixar coa coherencia do Cristianismo. Pero houbo un momento no que houbo demasiadas anomalías, demasiados descubrimentos novos debido á Ciencia desenvolta por Copérnico, Kepler e finalmente Galileo. E eses descubrimentos novos, gracias entre outras cosas ao invento do telescopio por parte de Galileo romperon co paradigma 1 (xeocentrismo) e deron lugar a unha revolución, a un novo paradigma, o paradigma 2 (heliocentrismo). 
Galileo foi un auténtico revolucionario na súa época, enfrentouse a Iglesia dicindo que o heliocentrismo era real. Ata entón ninguen enfrentouse tan abertamente.
Os estudos sobre os astros eran moi importantes naquela época xa que axudaban aos barcos a orientarse. O heliocentrismo facía máis sincelos os cálculos, mentres que conseguir orientarse coa teoría xeocentrica non era fácil.
Recordemos que segundo Guillerme de Ockham a resposta máis sinxela é sempre a máis verdadeira (=navalla de Ockham). O heliocentrismo, moito máis sinxelo e bello ten que ser a verdade.
E así é como a Ciencia libérase da Relixión. Agora a Ciencia pode avanzar libre sen ter que rendir contas a Iglesia (evidentemente esta liberdade non foi de golpe, pero empezou aquí). Comeza o Renacemento. 
Vemos como no tempo que se defendeou o Xeocentrismo se predominaba o concepto de verdade por coherencia (o sistema ten que funcionar en conxunto coherentemente) e tamén o concepto pragmático da verdade (mentres o pobo non dubide da Igrexa estará controlado, é dicir, é útil, é pragmático)
Cando chegou o telescopio necesitábase que as crenzas correspondéranse coa realidade. O Xeocentrismo non se correspondía cos feitos. O Heliocentrismo correspondíase cos feitos. Entón, no Heliocentrismo predomina un concepto de verdade como correspondencia.
Pregunta para reflexionar ¿Estás de acordo con que o avance científico é sempre por revolucións, saltos enormes coma neste caso ou cres que as veces é máis lineal?


Diferencia entre Astronomía e Astroloxía



Astronomía
Con astronomía referímonos á ciencia referente aos astros, e principalmente as leis dos seus movementos. De este xeito, trátase dos coñecementos científicos referentes á parte física dos astros: posición, tamaño, ubicación, etc.

Astroloxía

Sen embargo, a astroloxía "estuda a posición e do movemento dos astros, e a través da súa interpretación e observación pretende coñecer e predecir o destino dos homes e pronosticar los sucesos terrestres".
Cabe destacar que os estudios de astroloxía no son considerados una ciencia, sino que algunos la engloban como pseudociencia o crenza pseudocientífica, por seguir un sistema de crenzas non probadas.