Pages

­

Método Hermenéutico

O método hermenéutico é o método propio das ciencias sociais. O nome ven dado polo deus grego Hermes, o mensaxero dos deuses, que transmitía e interpretaba as menxases divinas eviadas aos homes.
A hermenéutica é a arte de comprender, explicar e interpretar textos. As ciencias socais traballan con textos, xa sexan textos de antropoloxia, textos xurídicos, relixiosos... Tamén se coñece como Teoría da Interpretación.
Pretende explicar as relación entre un feito e o contexto en cal acontece. O intérprete debe desprenderse do seu tempo, dos seus xuizos persoais para interpretar o texto da maneira máis obxectiva posible. Éste método axuda moito á investigación porque revela significados ocultos no texto.
Parte do feito de que o ser humán é por natureza interpretativo. Co método hermenéutico non se chega a verdade, senón que ten a súa verdade propia, xa que non deixa de ser unha interpretación.
O círculo hermenéutico é infinito, isto significa que se pode seguir interprentanto infinitamente os textos e sempre podemos encontrar algo novo.
Outra característica é a forma de traballar é deconstructiva; divide en partes máis pequenas para poder analizalas.
Gracias ao método hermenéutico podemos interpretar os significados non obvios dos escritos.
En resumen: a hermenéutica comeza por comprensión, logo explicación e por último interpretación.
Para dicilo brevemente: cando nos estamos esforzando por explicar con palabras o significado dunha mensaxe estamos facendo hermenéutica.
Click aquí para ver un vídeo interesante.

Preguntas:
En qué se diferencia o método hermenéutico co método científico (=hipotético deductivo)?
É posible a Ciencia con interpretacións subxectivas?
Pode haber Ciencias humanas/sociais sen interpretación?