Pages

Teoloxía de Santo Tomás

Aquino da a súa solución aos problemas entre fe e razón. Esta solución é a que acepta hoxe en día a Igrexa Católica.
Nega rotundamente a teoría da dobre verdade (Averroes). Para Santo Tomás de Aquino é totalemente inacptable que exista unha dobre verdade, xa que iso supondría que Deus, dalgún xeito, condúcenos ao error. Vexamos porqué.
A fe é a crenza na Revelación polos profetas e e polo fillo de Deus, polo tanto a revelación provén directamente de Deus, e é absolutamtne verdadeira e certa, non pode ser falsa, é imposible.
Por outra banda, a razón, que é unha cualidade que Deus deu aos homes para que poidan coñecer a verdade ten a súa orixe en Deus, e o seu fin é o coñecemento. Deus non pode contradecirse, iso sería absurdo, por iso a "Teorría da Dobre verdade" é falsa. Razón e fe teñen que conducir as mesmas verdades. Non teñen que coincidir, pero teñen que levarnos ao mesmo coñecemento.
Deus entón é infalible. Nunca se equivoca.

Comezaremos entón a aclarar esas cuestións que causaban debates na época.
A razón nos fai ver que o mundo é eterno. Mentres que Deus dí que o mundo é creado. Di Santo tomás ¿É esta unha contradicción realmente ou so aparentemente?. A contradicción é só aparente, posto que Deus creou o mundo da nada, a Revelación non nos di cando foi, así que ben puidera ser que Deus houbese creado o mundo dende toda a eternidade. Así o mundo é creado e eterno ao mesmo tempo.
Con respecto ao problema da inmortalidade da alma. Aristóteles diferenciaba entre entendemento axente e enetendemento paciente, e Averroes interpretara esta teoría de Aristóteles no sentido de que o entendemento axente era unha facultade xeral a tódolos individuos, supraindividual, común, o mesmo para todos.
O ententemento persoal era o entendemento paciente, propio, de cada cual, e o entenmento paciente xa que é material, é mortal.
¿Cómo se soluciona este problema? Se aceptamos a teoría de Averroes sobre Aristóteles non ten solución. ¿Cómo o solucionou Santo Tomás? Prohibindo os libros de Aristóteles traducidos do árabe, porque estaban deformados polos paganos e polo Islam. Fixeran unha interpretación falaz.
Así que mandou que trouxeran as obras de Aristóteles en grego para traducilas directamente do grego ao latín.
Un dos que interviu nesas traduccións foi precisamente Tomás de Aquino. Non esquezamos que o proceso de traducción tamén é un proceso de interpretación. Así que chegan a conclusión de que a interpretación de Averroes é un erro. Que o entendemento axente é persoal (un para cada un de nos) e o entendemento axente é inmortal acabouse o problema.
Observación: todos os demáis intérpretes e traductores coinciden con que a interpretación correcta é a de Averroes.
Interpretación entre a razón e a fe
Di Santo tomás que a razón e a fe son duas vias para chegar a verdade. Ahora ben, verdades hai moitas. A razón é unha facultade.
Para os cristiáns hai dous mundos, o mundo natural e o mundo sobrenatural. Son dúas órdes da realidade.
Ben, a razón axúdanos a coñecer sobretodo as verdades que se refiren ao mundo natural, e unhas poucas que pertencen á orde do sobrenatural. E a fe axúdanos a coñecer as verdades do mundo sobrenatural e unhas poucas do mundo natural.
Por exemplo, a teoría de Pitágoras coñécese pola razón, pertence as verdades do mundo natural.
A terra é o centro do universo e o sol da voltas o redor é unha cpusa que se coñece pola razón, é unha verdade do mundo natural (xa veremos as dificultades no tema seguinte).
Pero a razón tamén nos permite coñecer verdades que pertencen á orde sobrenatural. Por exemplo, a existencia de Deus é unha verdade do mundo sobrenatural, pero pódese chegar a coñecer polo uso da razón.
A fe é unha vía para chegar a coñecer verdades na súa maios parte sobre a orde sobrenatural. por exemplo, o misterio da Santísima Trinidade. Pola nosa simple razón xamais chegaríamos a ese coñecemento. Pero a fe danos unhas poucas verdades de orixe natural, por exemplo, o xeocentrismo ou a existencia de Deus.
Os campos non coinciden, pero teñen unha intersección, unha zona común, por iso, razón e fe teñen verdades distintas, tratan de verdades distintas, pero nunca contradictorias.
Esa intersección entre razón e fe existe para que haxa seguridade en nosa razón.
Temos entón, duas vías para chegar á verdade: razón e fe. Esas dúas vías teñen unha intersección, e no campo da intersección non pode haber ningunha contradicción, porque esas dúas vías teñen a súa orixe en Deus.
¿Qué papel xogan a razón e a fe no coñecemento humán?
O mundo máis importante é o sobrenatural, por iso a fe é a vía principal do coñecemento, e a razón é a sirvienta da fe, está ao seu servicio. Si nalgún momento parecenos que a razón e a fe se contradicen, podemos estar seguros de que a verdade está na fe, de que equivocámonos ao razonar. Revisemos pois, o noso razoamento ata que coincida coa fe.
"Errarum humanun est". A fe convírtese na guía da razón. Aínda así, existe certa independencia da razón con respecto á fe, porque ese campo da razón que non ten intersección coa fe é para o estudio da natureza.
A metafísica de Santo Tomás é semellante a de Aristóteles. pero con una modificación substancial: a introducción da crenza e da teoloxía Cristián, e decir, co establecemento do mundo sobrenatural, inexistente no mundo pagán. 
O deus Cristián e un Deus trascendente á natureza, e creador dela, polo tanto está nun plano superior. Así, o Deus Cristián é acto puro, carente de materia, non ten potencialidades porque é forma pura. É substancia pura, O ser, en sentido estricto. O Ser necesario do cal todos os demáis dependen, o cal os demaís son producto. É causa última e primeira de todalas cousas.