Pages

Probas da Existencia de Deus

Santo Tomás fai una crítica directa do argumento de San Anselmo da existencia de Deus.
San Anselmo dicía que podía demostrar a existencia de Deus con un argumento. Imaxinemos o ser máis perfecto que podamos imaxinar. Ese ser, xa que é tan perfecto ten necesariamente que existir, xa que é mellor existir que non existir. E se é perfecto, necesariamente ten que existir. E ese ser tan perfecto que necesariamente existe é Deus.
Este argumento, que hoxe sabemos que é una falacia, foi moi famoso no seu tempo. Unha falacia é un argumento que parece que parte de premisas verdadeiras, que ten una argumentación aparentemente verdadeira pero chega a una conclusión falsa. Esto, dende o punto de vista da lóxica non é posible, así que debe haber algún fallo. Xa sexa porque as premisas das que parte son falsas, ou que a argumentación é incorrecta. Unha falacia non é entón una mentira, é un argumento mal construido.
Neste caso parte dunha premisa falsa. O feito de que algo teña esencia non significa necesariamente que teña existencia. Eu podo pensar en una sirena, teño na miña mente o concepto de sirena, é decir, ten esencia, pero non ten existencia. Pois Deus igual, por moito que poda ter o seu concepto na cabeza, de que se poda definir e teña esencia, non ten porque existir na realidade.
E diso dase conta xa Santo Tomás. É di, contradicindo a Aristóteles, que porque algo teña esencia non significa que teña existencia. E así tamén refuta o clásico argumento de San Anselmo. O argumento non é válido. E Santo Tomás dará cinco argumentos, ou cinco probas da existencia de Deus.
Vía do movemento
É un feito que no mundo existe movemento. Se as cousas se moven é que son movidas por outra cousa, por un motor. E ese motor ten que ser movido por outro. Pero eso non pode ser ata o infinito. ten que haber un primeiro motor inmóvil que move ser ser movido. Ese primer motor inmóvil é Deus.
Vía das causas
É un feito que na natureza existen causas e efectos. Os acontecimeintos son debidos a causas que os producen, e éstos son os seus efectos. Pero esta cadena non pode ser ata o infinito. Debe haber una primeira causa. E esa primeira causa é Deus.
Vía das continxencias
Os seres naturais existen pero podían non haber existido, é decir, son continxentes. Se eu existo é porque antes existiron os meus país, que a súa vez poderían non haber existid. Eles existen porque os meus avós existiron. E así sucesivamente. Pero esto non pode ser ata o infinito. Debe haber un primeiro ser necesario e non continxente. E ese ser necesario é Deus.
Vía das perfeccións
Na natureza observamos diferentes gros de perfección. É decir, hai seres máis perfectos que otros. Pero esto non pode ser ata o infinito, debe haber un ser tan perfecto que non haxa outro mellor. E ese ser perfecto é Deus.
Vía das finalidades
É un feito que na vida existen finalidades. Todos os seres estamos ordeados con un fin (argumento basado na teleoloxía aristotélica). A semilla cae, brota una árbore, a árbore da frutos, etc. Pero debe haber un fin último. Este fin último ao que todo o universo tende é Deus.

Co cal Deus é a causa e a finalidade do mundo. Causa, porque todo se move por ser Deus o primeiro motor. E finalidade, porque todo tende a Deus. Hay una teleleoloxia, igual que Aristóteles.


A diferencia máis importante do Deus Aristotélico e o Deus de Santo Tomás é que o Deus Aristotélico non ama. O mundo o ama, o mundo tende a seu fin, pero Deus non ama. O deus de Santo Tomás, como Deus Cristián, é un Deus que ama.