Pages

Santo Tomás de Aquino. Vida e obras.

Santo Tomás foi fillo dun nobre italiano, o Señor de Aquino. O seu pai era un señor feudal, e daquela tódolos cargos era hereditarios. Tiña varios fillos. Dentro do seu territorio había un monasterio moi importante, era centro militar; a Abadía ou Monasterio de Montecasino. Pertencía ao Señor de Aquino, e o tiña reservado para o seu fillo, que dende moi novo mostrou unha gran vocación polo estudio e aensinanza da Filosofía.
Facía pocuo tempo que apareceran dentro da cristiandade duas novas ordes, en relación coas ordes monásticas anteriores, que proclamaban novos votos, intentando purificar as ordes monásticas.
Estas dúas ordes eran os Franciscanos e Dominicos. Eran ordes mendicantes, é dicir, os membros facían voto de pobreza, prohibíndoselles ter calquera tipo de bens.
Establecen os seus centros no centro das cidades, contrariamente ao que era habitual, no monte. Nese momento as cidades estaban renacendo despois de moito tempo de pobreza.
Santo Tomás renunciou ao Monasterio, enormemente rico e poderoso, e decide meterse a membro de estas novas ordes, dedicándose á predicación.
O pai e os irmáns entraron en cólera e van a secuestralo a cidade. Pero Santo Tomás non cede e o pai o deixa. Finalmente vaise a estudar a Universidade de Paris, durante moitos anos, dedicándose exclusivamente ao estudo e a ensinanza. Ao final da súa vida recibe todos os honores.
O seu aspecto físico era curioso para o que hoxe entendemos por un intelectual. Era inmensamente obeso. Conta a tradición que tiveron que cortarlle a mesa en forma de semicírculo para que puidera sentarse. Sen embargo, cremos que eran historias que inventaban os seus alumnos, igual que vos, que inventades cada cousa dos vosos profesores....
As obras máis coñecidas son Suma Teolóxica e Suma Contra xentís (gentiles). A palabra suma significa compendio. O sea, que suma teolóxica é o compendio de todoa a teoloxía coñecida. A obra suma contra xentís foi escrita por encargo dun superior para poder predicar en España, que naquel entón era moi culta, mestres que os cristiáns eran analfabetos. Por iso Santo Tomás tivo que desarrollar unha obra a altura da cultura española, cousa que veu dexenerando moito dende que apareceu Telecinco e as series para preadolescentes de Disney Chanel, coa súa consecuencia de necrosis cerebral que produce o seu abuso.
Logo non predicaron nin nada, conquistouse todo pola forza.