Pages

San Agustín. Un home entre dúas epocas.

San Agustín naceu no 354 en Tagase, Africa, nunha rexión pertence ao Imperio romano. Era fillo dun home pagano e dunha muller cristián, a futura Santa Mónica, que sempre tivo a esperanza de convetir ao seu rebelde fillo ao cristianismo.
San Agustín, cando era novo, vivía unha vida desordeada, facía gamberradas cos seus amigos, coma roubar peras aos seus veciños e tiralas aos porcos, deixabase levar polas  súas paixóns sexuais e fixo chorar moito a súa nai. Levou esta vida ata ser bastante maior. Él mismo denominouse "o fillo das bágoas da súa nai". De feito, escribou un libro onde fala explicitamente de todo isto, "Confesións".
O bo que podemos sacar disto é que nunca é tarde para cambiar, e non debemos xustificarnos dicindo "é que eu son así". Porque se tes constancia e disciplina podes cambiar e mellorar a túa vida, se cres que esta non é boa.
San Agustín foi un home que viviu entre dúas épocas. O mundo medieval empeza con él. Digamos que a súa obra é a que establece as bases da crenza cristián, por iso é considerado un dos pais da Igrexa.
Aínda que se deixaba levar polos seus desexos, nunca deixou de lado os seús estudos, especialmente os de filosofía, destacando en concursos poéticos e certámenes públicos. 
Na súa búsqueda incesante da verdade abrazou o maniqueismo, que era una relixión que dicía que no mundo había dúas cousas en tensión constante, o ben e o mal, e dependendo de quen gañase había ben ou mal. Pero co tempo esta crenza pareceulle insuficiente e simplista, non cheaba as súas inquietudes espirituais.
Frustado, partiu a Roma, a capital para seguir estudando ata atopar o modelo no que orientar a súa vida. Alí coñeceu ao obispo Ambrosio de Milán, e quedou impresionado coas súas predicacións e o seu corazón. Foi Ambrosio o que lle introduxo nos escritos de Plotino e San Pablo. Foi nese momento en que se convirte ao cristianismo. Regrasará a África Ao final e chegará a ser obispo de Hipona (Annaba Algeria).

Para San Agustín a Razón e a fe non teñen porqué enfrentarse. En realidade, razón é fe deben traballar xuntas. A fe é a verdade que Deus nos da, pero para entendela ben, debemos usar a razón. Se nalgún momento semella que a razón vai por un camiño distinto á fe, iso significa que nos equivocamos e debemos comezar de novo. Digamos que a verdade son as escrituras, e a razón pode equivocarse en interpretalas. Pero Deus é tan bo, que nos proporciona a verdade para que non nos perdamos nos razoamentos, E os razoamentos son o que nos axuda a entender a fe para non caer en herexías.
Outro problema que había era explicar a existencia do mal. Se Deus é tan bo ¿Porqué hai mal no mundo? Pois ben, o mal non o creou Deus, senón que o mal e a ausencia de ben. Como Deus nos fixo libres para decidir, as veces eliximos mal. Para San Agustín entón, existe o libre albedrío, isto é, a liberdade.
Non estamos presos do destino, senón que somos libres para decidir facer o ben ou non facelo. Así somos responsables do noso futuro.
Deus non quiso facer homes automaticamente bos, coma se foran zombies que so fan o ben. Senón que nos deu liberdade, como fai un bo pai, para que elixamos. Por iso nos dotou de razón, para que podamos decidir que facer. Necesitamos a razón porque somos libres.
Vendo a miseria que hai no mundo que vive Agustín, como o Imperio Romano desmorónase, San Agustín concibe outro mundo, a cidade de Deus. A Cidade de Deus e a cidade composta polos fieis, unha cidade de amor a Deus, onde se practican as virtudes, a caridade, a fidelisdade e a xustiza. Pola contra, temos a cidade terrenal, o mundo dos infiis, onde prima o egoismo. Por iso o mundo antigo agoniza, polo egoismo dos homes.
San Agustín, influenciado por Platón e por Plotino, considerará que o coñecemento alcánzase por iluminación. A Idea de ben e as demáis Ideas están na mente de Deus, e é a alma as que a coñece por un proceso de reflexión, interioridade e iluminación.