Pages

Neoplatonismo de Plotino

O Neoplatonismo de Plotino

neoplatonismo naceu en Alexandría no século III, e que foi ensinado en varias escolas até o século VI. É a última manifestación do platonismo antigo.  O neoplatonismo fusiona elementos moi distintos, como PitágorasAristóteles, a escola de Parménides e, sobre todo, Platón. Tamén atopamos aspectos recollidos do hinduismo e o xudaismo, debido ao contacto e intercambio cultural entre civilizacións.


O iniciador do neoplatonismo é Plotino. Este non era o seu nome, pero o adoptou pola admiración que tiña por Platón. Plotino representa o intento de conciliación entre filosofía e relixión, e será o punto de referencia para uno dos Pais da Igrexa; San Agustín. San Agustín tamén é un neoplatónico, pero será un neoplatónico medieval, un neoplatonismo cristián, que é diferente ao de Plotino.


Plotino veía a ruina e a miseria do mundo romano, que perdera o esplendor do Alto imperio, vivindo un momento de anarquía militar. Posiblemente por iso, Plotino alonxou a súa mirada do mundo terrenal para contemplar un mundo eterno cheo de beleza e luz, que está máis alá do noso mundo. O mundo práctico que vivía día a día non aportaba esperanzas, e as escolas filosóficas helenas como o estoicismo non eran garantía de felicidade, resultan insuficientes. Estamos dando un paso cara o cristianismo, onde se pon máis atención a vida do máis alá que de esta. Aínda que en Plotino todavía non chegamos a este punto, dista de ser crsitián, pero se aproxima.  


Para Plotino soamente existe un ser, unha unidade suprema chamado Uno, que é absolutamente trascendente. Pero de ese Uno emanaba o Nous ou Intelixencia creadora, o Alma e o mundo corpóreo (mundo material). Así que temos tres emanacións que forman parte do Un. Aínda que son diferentes, con estas tres emanacións nos aproximamos á trinidade da que falarán os cristiáns.


Plotino ademáis di que o home debe iniciar un camiño de retorno hacia a orixe de todo, hacía o Uno, e iso se fai seguindo un proceso de purificación (Katarsis) para unirse con Uno, e dicir, con Deus. Para iso a alma humana debe seguir o camiño dende a escuridade hacia o máximo esplendor: a visión da luz. Esto tamén nos recorda ao camiño de salvación do cristianismo. 

Para Plotino, a diferencia de Platón, do Uno emanan as Ideas (para Platón eran eternas), e a partir das ideas emana o mundo sensible. Todo o que existe forma parte do Uno. Poderíamos dicir que a Filosofía de Plotino é unha especie de panteismo (=todo é Deus), xa que todo é Desus, e Deus é o único que existe. Este aspecto, por exemplo é moi diferente ao Cristianismo, xa que o mundo para os cristiáns é creado e non forma parte de Deus. Para Plotino o mundo non é creado, senón que o mundo emana do Uno.

O pensamento de Plotino parte do pensamento de Platón pero desarrolla un pensamento orixinal cando fala do Uno, e aínda que o seu pensamento é completamente incompatible co cristianismo, funciona de visagra entre o platonismo e o cristianismo.

É importante sinalar que o cristianismo non foi o responsable da decadencia do pensamento grego, senón que foron as circunstan
cias sociais as que propiciaron que o cristianismo de desenvolvese.  Os cristianismo non só adoptó as formas literarias dos gregos, senón que incluiu conceptos filosóficos fundamentais, como o Logos (que se converte no Verbo, na Palabra), e tamén orientacións filosóficas do neoplatonismo, así como costumes éticas helenísticas (como orientar a vida distinguindo entre vicios e virtudes).