Pages

A Ciencia no Pensamento Helenístico

O Museo de Alexadría, xunto coa súa magnífica Biblioteca foron o centro do saber no helenismo, e umbral do desenvolvemento da ciencia moderna. 
Tras a morte de Alexandre Magno, no ano 323 a.C, o seu imperio desmebrouse, e cada un dos seus xenerales quedouse con unha parte.
A parte de Exipto correspondeulle a Ptolomeo, que seguindo os ideais alexandrinos contratou a Estratón para axudarlle a fundar o Museo de Alexandría. O Museo seguía o plan do Liceo pero nunha escala moito maior (recordemos que Alexandre foi alumno de Aristóteles, e por iso a fundación do Museo formaba parte dos obxectivos de Alexandre). 
A cidade de Alexandría, que leva o nome en honor ao conquistador, era o capital indiscutible do mundo helénico. 
O Museo estivo en funcionamento dos séculos III-II a.C. tendo unha grande actividade social e cultural. 
A palabra Museo ven de musa, é dicir, é o templo das musas. Por iso, o seu director é un sacerdote. Era un instituto de investigación tamén dedicado á ensinanza. Había sobre cen profesores, un zoo, un xardín botánico, sala de disección, observatorio astronómico e unha inmensa Biblioteca con aproximadamente medio millón de rollos.
Outra caracteristica do Museo foi a especialización. Dende agora xa non temos a figura do sabio que estuda de todo. Agora os investigadores especialízanse nunha área, pudiendo ser Xeometría, Xeografía, Filoloxía, Medicina-Bioloxía e Astronomía. A Filosofía non era unha especialidade do Museo, ainda que o Liceo fose o seu precursor, precisamente porque a Filosofía seguíase dando no Liceo.
O museo durou unos 600 anos activo. Pero a medida que a dinastía dos ptolomeos se aproximaron cada vez máis á cultura exipcia foise perdendo o ideal grego, e deixando cada vez máis de lado á ciencia. É así como comeza a súa decadencia. O Museo tamén sufriu varios incendios, así que non coñecemos cando saber da antiguedade se pudo perder alí. Isto representa o inicio dunha época 
escura, chamada o Medievo.

AS MATEMÁTICAS
As matemáticas estaban íntimamente ligadas á astronomía. A figura más destacable foi Euclides de Alexandría. Posibliblemente fora alumno da Academia. Euclides foi o gran sistematizador das matemáticas no mundo antigo. A súa obra, os elementos, foi o texto matemático máis influinte de toda a antigüedade. O seu maior valor reside en exponer a xeometría como un sistema formal axiomático-deductivo seguindo a inspiración Aristotélica.
Durante case dous milenios a xeometría foi euclidiana, sendo básica para o desenvolvemento da matemática e a lóxica. Só no século XIX apareceron as xeometrías non-eucleidianas.

ASTRONOMÍA
Aristarco de Samos foi o primeiro en afirmar que a Terra era a que xiraba arredor do sol (sen telescopio!!). As súas obras perdéronse todas, e só temos constancia de elas a través dos escritos de Arquímedes. A súa concepción helocéntrica non tivo moito éxito, pois non sportou cálculos i era contraria a percepción. Foi denominado o Copérnico da antigüedade.
Destaca Eratóstenes de Cirene. Percatouse que na mesma fecha e hora, as sombras tiñan un ángulo exactamente igual con respecto á vertical. Así que comparou os ángulos das sombras en diferentes ciudades, e con cálculos trigonométricos calculou a distancia hacia o sol e a circunferencia da terra con bastante precisión.
Hiparco de Nicea elaborou o primeiro catálogo de estrellas e calculou a duración do ano en 365 e 6 horas.
Outra figura que desta é Claudio-Ptolomeo (o nome de Ptolomeo era moi común naquela época). Na súa obra Almagesto eleborou e describiu de xeito completo o sistema astronómico xeocéntrico que estivo vixente 14 séculos ata Copérnico.

XEOGRAFÍA
Tras a expedición de Alexandre Magno se recollera moita información sobre xeografía, tanto de Asía, Europa e Africa. Así que iso empuxou o avance na Xeografía.
Temos a Eratóstenes de Cirene, que fixou as datas de certos acontecimentos históricos importantes, como a expedición e toma de Troya, o nacemento de Lurgo, a primeira Olimpiada....Realizou un mapa do mundo e calculou as súas dimensións.
Estrabón, na súa obra Xeografía describe con claridade as costumes e historia da súa época. Gracias aél temos abundante información de pobos ata entón descoñecidos.

MEDICINA E BIOLOXÍA
O predecesor da mediciña na Época Helenísta é Hipócrates, pai da mediciña que viviu no século de Pericles. Non pertence ao Helenismo pero o consideramos tan influinte que merece ser mencioado. O xuramento Hipocrático que deben facer os médicos e outros profesionais da saude xusto antes de comezar a exercer, fai referencia aos aspectos éticos dun profesional da saude.
Hierófilo de Calcedonia considérase o pai da anatomia. Estudiou o corpo humán e descubriu que o órgano central do corpo era o cerebro, pois antes pensaban que era o corazón.
Outro grande da Mediciña foi Galeno, que foi o médio persoal dos emperadores romanos e tamén de gladiadores. Escribiu unha obra inmensa, sobre 100 tratados de mediciña basándose en todo o saber anterior e os seus descubrimentos. Os seus escritos foron unha autoridade médica ata o Renacemento. A obra de Galeno representou unha importante renovación da mediciña, que se fora degradando anteriormente. As súas maiores influenzas foron Platón e Hipócrates, superando a éste último.


FÍSICA E MECÁNICA
O máis famoso dos matemáticos e físicos gregos foi sen dúbida Arquímedes. Tamén foi inventor de todo tipo de artefactos, sobre todo bélicos (de guerra). É o máis xenial dos científicos gregos, dotado de unha mente poderosísima e inxeniosa. Estableceu as bases para o cálculo infinitesimal, fundou a lei da hidrostática, estudio a refracción da luz e estableceu os principios do cálculo integral. Anticipouse a moitos dos acontecementos da Ciencia Moderna , pasou a historía como o máis grande inxenieiro grego. É importante sinalar que para Arquímedes, tanto como para os gregos, a mecánica e a inxenieria non importaban. O importante eran as matemáticas. Así que os aparellos mecánicos que desarrollou foi parte dun xogo, non era o seu obxectivo final. Esto é debido a que naquela época había escravos que facian todo o traballo ¿Para qué molestarse en inventar aparatos se non lle veían necesidade? Xa o fan os escravos. O importante son as ciencias puras, coma a matemática e a lóxica.
Descubriu a lei da palanca e inventou a polea.
Anecdótica é a historia de cómo descubriu a lei da hidrostática, coñecida como o principio de Arquímedes. Ocurríuselle cando estaba dándose un baño, ao darse conta de que a auga subía en proporción ao volumen do obxecto introducido nela, sempre que pesara máis que a mesma auga, nese caso flotaría. Entón saiu a rúa espido e gritanto "eureka" "o descubrín".

FILOLOXÍA
Destacaremos a Zenódoto. Foi o primeiro bibliotecario de Alexandría. Zenódoto empezou a ordenar e sistematizar as obras da inmensa biblioteca. Tamén preparou a primeira edición de Homero, dividindo en 24 libros a Ilíada e a Odisea.
A importancia dos traballos dos filólogos, ordeando e clasificando obras foi importantísima. Foron eles os que editaron as obras de Aristóteles e outros autores. As súas técnicas sentaron as bases das modernas técnicas filolóxicas, tan importantes para a crítica literaria.   


Minivídeo Museo de Alejandría
Documental Museo Alejandría