Con estos autores iníciase o pensamento grego, a reflexión e o estudio filosófico sobre o tema do home e a sociedade. Aos autores anteriores, que se preocupaban porla physis, é dicir, por outro tema diferente, os agrupamos co mesmo nome: presocráticos. Isto, por un lado indica que antes de Sócrates la filosofía era distinta, e por outro lado, o feito de que se chamen presocráticos, remarca a importancia de Sócrates.
Entón, con Sócrates, tenemos un antes e un despois, un punto de inflexión.
No século V a.C Atenas tivo un auxe cultural, social e económico espectacular gracias a o goberno de Pericles. Durante ese momento aos rapaces se lles ensinaban unha serie de disciplinas coma música, ximnasia, gramática, xeometría.... pero ninguén ensinaba a arte da retórica, a arte de falar ben.
Paradigmáticamente as persoas que dominaban a arte da retórica eran aquelas as que se lles facía máis caso na polis, xa que convencían cos seus argumentos. Igual que agora na política ou cando te atopas con un bo comerical ou un bo avogado. Os sofístas viñeron a cubrir a asusencia de este tipo de ensinanza, a ensinanza de aprender a argumentar, de dominar a retórica, de saber convencer. Xa que en Atenas, cuna da democracia, saber falar e convencer era esencial para lograr o respeto.
Pero os sofistas, que eran cidadáns estranxeiros, o que chamamos "metecos", e dicir, homes libres pero non cidadáns atenienses cobraban polas súas ensinanzas. E cobraban moito. Estes metecos viñeron a Atenas atraidos polo momento de explendor cultural e económico do que gozaba a polis.
Esto foi moi criticado por filósofos coma Platón e Sócrates, que ensinaban sen remuneración. Pero non é moi xusto criticalos por querer cobrar por traballar, xa que os sofistas non eran "nenos ben" coma Platón, que tiña escravos e podía vivir sen cobrar. Tampouco eran "gorróns" coma podearíamos denominar a Sócrates hoxe en día, que vivía na pobreza pero os seus amigos o mantiñan. O de gorrón é en broma, porque evidentemente as aportacións que fixo Sócrates aos seus amigos e a historía do pensamento foron infinitas, así que ben merecía que o mantivesen.
Os sofistas foron uns "filósofos" controvertidos en tódolos sentidos. De feito, non todos os investigadores estarían dacordo en chamalos filósofos. De feito, ata o século XIX non se lles consideraban auténticos pensadores, pois ao cobrar, é coma se vendesen os seus coñecementos. Foron os primeiros en cobrar por ensinar. Ganaban verdadeiras fortunas.
Os sofístas tiñan a teoría de que a verdade non existe, así que defendían calquera opinión por cartos. Eran persoas extraordinariamente cultas e viaxeiras, estudiaran moito e coñecían as teorías dos físicos (presocráticos). Introuxeron na nosa cultura unha nova arte, a arte de convencer coas súas palabras, a arte de converter un argumento débil nun argumento forte, e comerciaron con esa arte, esta técnica.
Platón burlábase nas súas obras dos sofistas, pero había dous aos que respectaba. Eses foron Protágoras e Gorxias. Imos estudar estes dous sofistas, xa que neles quedan sintetizadas as dúas características fundamenteais de todo o pensamento sofísta.
PROTÁGORAS
Protágoras representa o relativismo nos sofistas. A súa frase máis famosa e: "O home é a medida de t´dlas cousas, das que son en canto que son, e das que non son en canto que non son". Discutiuse moito sobre o significado do termo "home". Algúns cren que se refire ao individuo, outros cren que se refiere a especie humán. Pero hoxe en día a opinión máis xeralizada é que se refire tanto ao individuo coma a especie.
"O home é a medida de tódalas cousas..." significa que as cosas son, na medida en son para cada individuo, é dicir, unha cousa exite ou non existe si eu oriento a miña vida téndolo en conta. Entón existe para mi.
O ser das cousas é relativo a cada individuo. E por iso crían que a verdade non existe. Unha cousa que é bonita para min, é fea para outro ¿Quén ten razón?
GORGIAS
Este autor representa o escepticismo (=non se pode coñecer). De Gorgias temos esta frase "Nada é. Se algo fose, non podería ser coñecido, e se fose coñecido non podería ser comunicado"
"Nada é.." quere dicir que non hai ser. Todo é apariencia, coma un sono.
"...e se algo fose non podería ser coñecido..." Neste caso non poderíamos coñecelo, porque os sentidos non perciben de forma clara.
Por coñecer entendemos chegar ao dominio de outra cousa, pero se as dúas cousas son diferentes ¿Cómo se pode comunicar? ¿Cómo podemos acceder a algo se estamos separados de ese algo?
Cando dí "...se pudera ser coñecido, non podería ser comunicado" quere dicir que cada persoa é tan distinta de outra, que sempre interpretamos cousas diferentes.
Ejemplo de cómo argumenta un sofista:
O fillo dun traficante é rico, e fillo dun pobre é drogadicto. Se o dorgadicto lle rouba ao fillo do traficante, un sofista diría que o rico é rico a costa de enganar ao pobre. Así, o sofista daríalle a volta ao argumento, de mesmo xeito que fan hoxe os políticos e os avogados.
OUTROS SOFISTAS
Temos a Pródico. A súa arte consistía en confundir ao adversario analizando o significado das palabras e así gañar as discusións.
Por outro lado Calicles di que a lei e a moral son artificios construidos polos fortes para someter aos débiles (esta idea é xeral a todos os sofistas). Calicles, como todos os filósofos, diferencia entre physis (=lei natural) e nomos (=lei dos homes, a lei que hoxe estudan os que estudan dereito). O nomos que é unha creación artificail do home, e non ten máis valor que a da forza que se posea para impoñela. Para os sofistas a auténtica lei é a da physis, a lei do máis forte.
SÓCRATES
Sócrates era pobre, fillo de un escultor (que antes non estaba ben considerado) e unha comadrona.
Cando era xoven pensaba acorde coas cousas que lle foran ensinadas, é dicir, acorde coa súa educación e a sociedade. Pero logo hobo un cambio radical no seu pensamento. Estaba preocupado polo caos e os conflictos que acosaban ao pobo grego e en concreto a Atenas.
Así que decide que o máis importante é averiguar qué é o home e como debe organizarse a sociedade. A partir de aquí enfrentarase radicalmente ás teorías dos sofistas.
Para Sócrates "a verdade existe, pode ser coñecida e nela han de fundamentar os homes o seu comportamento moral, as súas costumes e as súas leis"
Sócrates non deixou nada escrito, todo o que sabemos del é a través de terceiros. Principalemtne a través dos seus discípulos, Platón e Xenofonte, que quizás transmitan unha aimaxe excesivamente idealizada da persoaxe. Pola contra, temos tamen outras testemuñas, como a que Aristófanes na súa comedia "As nubes" transmítenos unha imaxe deformada en sentido contrario, presentandoo como alguén patetico.
A verdade, para Sócrates, pode coñecerse a través dun proceso que chámase dialéctica. A dialéctica consiste na discusión ou enfrentamento de argumentos contraros. A dialéctica entón é un método de coñecemento. A través dela chega á definición.
É dicir, para chegar á definición practica a dialéctica. A definición é a expresión da esencia da cousa, e a esencia é o que fai que unha cousa sexa o que é e non outra; esto é a verdade.
Moral Socrática
Unha vez coñecida esa verdade debemos fundamentar nela o noso comportamento moral, e non é solo que debamos o padamos fundamentar nela o noso comportamento moral, senón que non podemos facer outra cousa. Unha vez coñecida a verdade actuaremos en consecuencia.
A ética socrática denominouse intelectualismo moral, porque identifica de xeito radical e extremo o ben coa verdade, a virtude coa sabiduría. O sabio é para Sócrates o home bo.
"Non existen homes malos, tan só ignorantes"
Segundo Sócrates determinados actos da natureza a portan beneficios e algúns prexuicios. O sabio é aquel que coñece esa cadea de actos e efectos, o que sabe as consecuencias dos seus actos. Ninguén quere o mal para si mesmo. Así que o sabio actuará sempre ben, e o ignorante é o que cree que vai recibir beneficios por facer un acto malo.
Para que non ocurran cousas malas pensaba que había que convertes a xente en sabios. Para levar a cabo esta educación inventou un método de ensinanza que se chama Mayeutica. A traves da Mayeutica e basándose en teorías órifcas, que ogo pasaran ao seu discípulo Platón, Sócrates pretendía levar o saber ao pobo, e con él, a virtude aos seus condidadáns.
A Mayeutica intégrase dentro da teoría da transmigracicón das almas. Esta é a crenza de que a alma xa coñece toda a verdade, e ao reencarnarse olvídase de todo.
A alma vaise ao Hades, alí coñece toda a verdade, pero ao reencarnarse pasa por "o río do olvido", que emite uns vapores que fan que se olvide de todo. Produce "amnesia".
A Mayeutica consiste en facer que a alma lembre. O primeiro paso é a Ironia. ultilízase para que a persoa á que se lle vai ensinar dese conta de que todo o que creía era falso, e así que se desprenda dos seus prexuicios. A persoa debe recoñecer que non sabe, e a partir de este punto, mediante a dialéctica, o mestre pode levar ao alumno ao coñecemento das definicóns, que son as esencias das cousas. A esto o chamamos Mayeutica ou método Socráticos. Sócrates dicía que o seu traballo era igual que o da súa nai, pois as comadronas axudan a traer ao mundo aos nenos, e él axudaba a dar a luz as almas dos homes. Mayeutica significa xusto iso, a técnica de asistir os partos.
Esta teoría de que coñecer é recordar a retomará Platón e se chamará teroría da reminiscencia ou anamnesis (deixar de olvidar an-amnesis, onde amnesis é olvidar e an- e o seu oposto).
De Sócrates temos dous puntos de vista, a dos seus discípulos, onde é unha persoaxe idealizada, e a dos seus inimigos que ven nel unha mala persoa, que non traballa, e asúa muller lle gritaba, vivía dos seus amigos.... e ademáis era moi feo. As veces o presentan coma un sofista máis, pero eso está moi lonxe da verdade. Xa que os sofistas ademáis de cobrar, creen que a verdade non exite ou é relativa. Sócrates non cobra, e ademáis cree na posibilidade de coñecer a verdade.
Sócrates viviu momentos inestables, tendo que loitar en batallas, mostrando unha granvalentía. Foi un guerreiro excepcional, salvando moitas veces aos seus amigos.
Despois de que Atenas perdese a guerra, houbo un golpe de estado, e hai un período coñecido como o período dos 30 tiranos, de terror absoluto.
Durante este período, Sócrates intenta salvar ao sistema democrático anterior. Logo derrótanse aos 30 tiranos e volve a democracia.
Pero hai moitas persoas as que sinten gran irritación hacía Sócrates. Sempre molestando coas súas preguntas, os fan sentir ignorantes. Non hai moita xente que quera recoñecer a súa ignorancia. Así que dous persoaxes acusan a Sócrates de dous delitos: corrupción de menores (xa que aaprtaba aso xóvenes das crenzas da cidade) e de impiedade (non crer nos deuses da cidade).
Ambas cousas son certas. Él tiña a súa propia divinidade que lle aconsellaba. En grego se denomina
demon, daimon o daimón, pero non tiña o mesmo significado que a palabra que derivou dela en castelán; demonio. Para Pla´ton, por exemplo, os daimon son semidivinos e aconsellan aos homes. Quizá hoxe sería parecido á voz da conciencia.
Sócrates vai a asamblea a defenderse. Correspondíalle a pena de morte. Pero si se declaraba inocente podía pedir unha pena distinta. Sócrates defende a súa postura e ademáis di que merecía unha estatua.
Os seus amigos e o carceleriro intentaron axudarlle apra que fusixe. Pero Sócrates di "Si al leis están mal, hai que cambialas, pero nunca as contravengamos. Respeto a lei ainda que sexa inxusta" Con este argumento podemos ver canto se diferencia dos sofistas.
Sócrates morre aos 70 anos, no ano 399 a.C. tras inxerir a cicuta. As súas derradeiras palabras foron "Critón, debemoslle un galo a Esculapio. Paga miña deuda e non a olvides".
Sócrates representa o ideal de filósofo, por ser fiel os seus principios e por facer da súa vida a filosofía mesma. Ademáis porque o método socrático, de recoñecer a propia ignorancia simboliza a filosofía mesma. "Só sei que non sei nada" será a frase súa máis representativa e coñecida na historia da Filosofía.