Os pluralistas son aqueles presocráticos que tiñan por arghé varias cousas.
EMPÉDOCLES
Dí que o arghé son os catro elementos; Terra, Aire, Auga e Lume. Estes elementos, combínanse entre sí, empurrados por dúas forzas opostas, que son o amor e o odio, ou o qu e´o mesmo, eros y tánatos. O amor tende aos elementos a xuntarse, e o odio a separarse. Se triunfa o amor hai harmonía, se tirunfa o odio hay "acosmia"; caos.
Nos vivimos nunha loita de ambos. Cada ser da natureza está composto por unha determinada porción ou combinación de estes catro elementos. Esta idea estibo vixente ata o século XVIII cando Lavoiser, un científico francés elabora a primeira lista moderna de elementos químicos. Ainda que moitos elementos químicos xa eran coñecidos, non se consideraban elementos ata que Lavoiser redefine o termo de "elemento".
ANAXÁGORAS
Pensou que a natureza NON estaba composta por eses catro elementos que estaban á vista de todos, senón que cría que estaba composta por uns elementos imperceptibles. Por unhas sementes que mexturándose dan lugar a todas as cousas. A estos elementos o denominou homeomerías, e o que lles empurra a moverse é o Nous. O Nous é unha intelixecia ordenadora. Pénsase que o xoven Sócrates estudiou na escola de Anaxágoras, pero non se sabe se foi con él ou con algún discípulo de Anaxágoras. Esta teoría tamén influirá en Platón, como veremos máis adiante.
ATOMISTAS
Son dous, Demócrito e Leucipo. Non sabemos moi ben de quén é cada teoría, por iso os estudamos xuntos.
Para os atomistas o arghé son os átomos. Átomo significa indivisible, elemento simple, sen partes. "Tomo" é unha parte de algo, por exemplo, un libro de unha colección, e "á-tomo" é a negación de "-tomo" cando non se pode dividir.
Segundo Demócrito e Leucipo estes átomos tiñan distintas formas e movíanse por un espacio valeiro, é dicir, pola nada. Para eles o vacio existe. Din que non hai ningunha forza ordeadora, senón que os átomos móvense polo vacio, xúntanse ao azar, dependendo exclusivamente polas súas propiedades mecánicas. Aquí vemos a orixe das teorías que hoxe chamamos mecanicismos.
O máis interesante dos atomistas é que conseguen superar a contradicción entre Heráclito e Parménides, demostrando que as dúas teorías son certas. A auga é eterna e inmutable, nunca cambia. Poro o ser non é un. Hai varios arghés, e cada un deles é eterno e inmutable.
Os seres da natureza son o resultado da combinación e separación incesante de estes elementos. Os elementos non cambian xamais, pero na natureza todo está en cosntante cambio e transformación.