¿Qué é a verdade?
Este tipo de cuestións que en principio nos parecen tan evidentes, son as que a filosofía responde e nos fai ver que a resposta non é unidireccional. É dicir, a verdade pode entenderse de diferentes formas. A continuación plantexaremos tres xeitos de entender a verdade.
Teoría da Verdade como Correspondencia. Posiblemente ésta sexa a forma en que vos entendendedes a verdade. Verdade será o que se corresponde coa realidade. Basicamente cando as miñas crenzas correspondense cos feitos, co mundo físico, entón son verdade.
Teoría da Verdade como Coherencia. Según esta teoría, verdade é aquela crenza que ten coherencia coas demais crenzas do individuo. Se o conxunto de crenzas de un individuo "cadra", "encaixa" entón, é verdade. Un bo exemplo o temos no Cristianismo. Dentro dun pensamente cristiano as ideas encaixan, teñen sentido unhas coas outras. Entón, dentro desta concepción da verdade, son certas.
Teoría Pragmática de Verdade. Nesta teoría da verdade consideramos que é verdade aquelo que é beneficioso que o sexa. Pragmático quere dicir práctico. Entón, básicamente a verdade é entendida como algo práctico. Si algo é práctico que sexa verdade, reporta beneficos, é útil, é verdade.