Pages

­

Exemplos de deducción e inducción

A.Vexamos un exemplo de inducción onde sendo as premisas verdadeiras (=os enunciados dos que partimos) a conclusión é falsa. Recorda que na inducción partimos dos feitos concretos e particulares e chegamos a unha xeneralidade.
1.María ten 50 anos e foi nai
2.Luisa ten 50 anos e foi nai
3.Conchi ten 50 anos e foi nai
Conlusión: Todas as mulleres son nais
Esta conclusión é falsa. Ainda que o patrón se repita algunhas veces, deberíamos seguir experimentando para estar seguros de que sempre é así. Sabemos que moitas mulleres non son nais. 

B.Exemplo de inducción onde sendo as premisas verdadeiras a conclusión inferida é verdadeira.
1. O luns fervo auga e a 100º evapórase
2. O martes fervo auga e a 100º evapórase
3. O mércores fervo auga e a 100º evapórase
Conclusión: A auga evapórase a 100º
Esta conclusión é verdadeira. Esto ven a coincidir con unha experimentación do método hipotético-deductivo. Esta conclusión convírtese en Lei ou patrón. Unha vez que se converte en lei ou patrón podemos facer o camiño inverso, a deducción, e aplicalo aos casos concretos.

C.Exemplo de deducción con premisas verdadeiras. Recorda que a deducción é o camiño inverso a inducción. Cando xa sabemos que unha regra/patrón/lei se repite, podemos aplicalo aos casos concretos. Se ese patrón é verdadeiro, é dicir, se esa premisa da que partimos é verdadeira, a deducción é sempre verdadeira.
A auga evapórase a 100º
1. Si fago o experimento o luns xa podo concluir que ferverá e se evaporará a 100º
2. Si fago o experimento o martes xa podo concluir que ferverá e se evaporará a 100º
3. Si fago o experimento o mércores xa  podo concluir que ferverá e se evaporará a 100º
De feito non necesito facelo. Pódome adiantar, e saber que se evaporará a 100º.
Nas conclusións caso parto da xeneralidade e soamente o aplico os casos concretos.

Resumindo: deducción e inducción son os dous extremos de un mesmo camiño. Pero van en dirección contraria. A inducción vai de os casos concretos ata a xeneralidade, e a deducción vai de a xeneralidade a aplicación dos casos concretos.